Blogia
Andresadas

Cal é a solución para a papeleira ENCE?

Cal é a solución para a papeleira ENCE? Parece ser que o governo si traballa no asunto. Unha iniciativa plantexada por políticos do PP (Juan Juncal) e do BNG (Víctor Guerreiro) proponía o traslado da fábrica cara as costas ferrolanas. Esta proposición veuse truncada pola negativa de Medio Ambiente, a cal mediante o seu ministro Manuel Vázquez, expresou a súa inconformidade, xa que a solución non é limpar unha ría para ensuxar outra.

Ademais, na zona estáse traballando con moito esmero para que as fraguas do Eume se convertan nun parque natural, e ainda por riba, o lugar consta de varias zonas verdes, as cales non sería conveniente que se visen afectadas. E se o Lérez está como está... se se trasladáse ENCE a Ferrol emporcaríase o Eume... Non é sinxelo, pero para algo temos a cabeza. A búsqueda dunha solución que beneficie a todos anda preto...

1 comentario

prometeo -

E imposivel que unha celulosa de beneficios a ninguén. Só por suposto os industriais Galego-Catalans que posuen as fábricas de papel e as editorias en Cataluña.
Galiza deberíalles cobrar unha taxa por: primeiro contaminar a nosa riquísima e delicada fraga, cunha árbore venenosa que se expandiu masivamente nas provincias costeiras (Saberíasme essplicar como foi posivel unha espansión tan rápida), e segundo por a contaminación dun entorno ecolóxico que non ten igual no mundo.
E o peor de todo amigo, coma sempre, os cartos lévanos os catalans, e a merda e os refegallos apañámolos nós.